O fiscal pide 28 meses de prisión
Fecha Martes, 19 mayo a las 10:35:03
Tema PHP-Nuke


O representante do Ministerio Fiscal elevou onte a definitivas as súas conclusións provisionais para pedir 28 meses de prisión contra Xesús Anxo López Pintos, o secretario comarcal da CIG, por uns incidentes marisqueiros ocorridos no verán do 2001 en Mugardos. Durante a terceira e última sesión da vista oral, celebrada onte no Xulgado do Penal número 2 de Ferrol, o fiscal considerou probado que Pintos, durante o enfrontamento entre dous sectores da Confraría de Pescadores de Mugardos, golpeou cunha pedra a uns dos axentes da policía autonómica que interviñeron para pór calma. Como consecuencia da agresión, engade, o axente resultou con feridas que precisaron varios puntos de sutura.


® 2009 La Voz de Galicia


A defensa considerou que non quedara acreditado este feito, de acordo coa versión que ofreceron as numerosas mariscadoras que declararon como testemuñas en favor do acusado, e por iso pediu a absolución. As acusación particular exercida por varios dos axentes policiais incrementa a petición de condena a Pintos ata cinco anos de prisión. á súa vez, un grupo de mariscadoras exerceu a acusación particular en contra de varios dos axentes autonómicos, pedindo tamén a súa condena. Os incidentes marisqueiros de setembro do 2001 tiñan como pano de fondo un conflito no seo da confraría. Un sector das mariscadoras, que protagonizou un longo peche no depósito, demandaba a dimisión da patroa maior, cousa que conseguirían ao cabo. Quen a apoiaban eran as que acudiron a mariscar o día de autos. O grupo contrario á patroa pretendía impedir que o fixesen, e no medio situáronse os efectivos policiais que cargaron con dureza para pór orde.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=290