Iniciativas para saír do paro
Fecha Lunes, 18 mayo a las 18:26:43
Tema PHP-Nuke


Os quince alumnos dun curso de soldador impartido polo Forga manteñen a esperanza de que o que aprendan vállalles para incorporarse ao mercado de traballo

Cando chegaron alí «non tiñan nin idea» de como soldar, agora, pasado un mes, os alumnos do curso de soldador en Oleiros xa saben manexar o metal e algúns ata se arriscan a dicir que lles gustaría «facer isto para o resto da vida». Neste grupo de quince alumnos de distintas idades, xéneros, graos de estudos e procedencias hai unha cousa que os une: a esperanza de que este sexa o camiño para saír o máis rápido posible da temida realidade do paro.


© 2009 - La Voz de Galicia

O profesor de soldadura, Manuel Formoso, explica que o principal problema deste curso é que «eles aquí teñen os mellores equipamentos e chapas adaptadas, logo cando chegan ao mundo real a realidade é outra». «Como eu traballo no sector-explica Manuel Formoso-, intento adaptar as clases ás necesidades das industrias». Con todo, o formador conta que nos tres meses que duran o curso é imposible que os alumnos salgan como un «oficial de primeira». Pero iso non importa ás empresas xa que para elas «coller a este tipo de xente» é sempre un negocio moi bo pois lles pagan pouco e, ademais, pódenos explorar, porque eles o que queren é aprender».


Carlos Vicente, de 25 anos, está desempregado desde fai seis meses e animouse a facer este curso porque «hai sempre moitos anuncios para soldadores nos xornais». Aínda que as clases empecen fai só un mes, xa está pensando en facer outros cursos dentro do mesmo área para saír ao mercado máis preparado.

Arquitecto
Ángel Sánchez é venezolano e emigrou a Galicia no 2003 «en busca de máis seguridade». Este alumno do curso de formación en soldadura era arquitecto no seu país de orixe. «Aquí non me homologan o título e din que teño que cursar tres anos para que me dean o diploma», conta. Desde que chegou, xa tivo un negocio propio e traballou na construción, pero «coa crise», acabou no paro e nos últimos sete meses está mantendo á súa muller e fillo «cos aforros que quedan». Por agora, só pensa en atopar traballo, «sexa no que sexa». «Porque cando saín de Venezuela cambiei o chip e apaguei da memoria que un día foi arquitecto. Agora fago o que necesite para manter a miña familia», confesa.

María Peña , a única moza do curso, vive unha realidade distinta á de Ángel . Aos 23 anos, nunca tivo «un traballo rexistrado» e inscribiuse porque ten un amigo soldador que lle di que «hai moita demanda». Aínda coas súas lentes de soldadura postas, María conta que desde que empezou o curso, descubriu que a soldadura se lle dá moi ben» e confesa que non descarta facer de de este oficio a súa profesión. Pero co escenario económico actual, non está nos seus plans quedar en España. «Quero irme a vivir a Canadá, alá a cousa está mellor», sostén.

Link: VONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=289