
Concello de Cedeira ::: ANUNCIO
Fecha Viernes, 15 septiembre a las 00:34:24 Tema PHP-Nuke
ANUNCIO
Aprobación definitiva do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Cedeira.
O Pleno do Concello de Cedeira, en sesión ordinaria realizada o 30.03.2023, acordou a aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.
O expediente foi sometido a información pública polo prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da inserción do anuncio de aprobación inicial no Boletín oficial da Provincia, BOP nº 105 de 5 de xuño de 2023.
Durante o prazo de información pública non se presentaron reclamacións en relación coa aprobación inicial, polo que o Plan considérase definitivamente aprobado.
O texto do Plan municipal está a disposición dos interesados na sede electrónica do Concello.
Cedeira, 11 de setembro de 2023
O alcalde,
Pablo Diego Moreda Gil
Link: BOPONLine
|
|