Concello de Cedeira - Xunta de Governo
Fecha Miércoles, 16 agosto a las 04:49:18 Tema PHP-Nuke
CONVOCATORIA Vista a relación de expedientes elevados no correspondente expediente TEDeC, comunicada en data 3 de agosto de 2023 pola Secretaría, a efectos da convocatoria da sesión ordinaria que a Xunta de Goberno Local realizará o 4 de agosto de 2023. No uso das facultades que me están conferidas ao abeiro do establecido no artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local, mediante o presente escrito convócaselle á sesión ordinaria que a XUNTA DE GOBERNO LOCAL realizará, na Casa Consistorial, o próximo día 4 de agosto de 2023 ás 13:00 horas, en primeira convocatoria, e procederase en segunda de acordo co estipulado no artigo 113.1.c) do R.O.F., coa seguinte: ORDE DO DÍA 1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DO 21.07.2023 2. APROBACIÓN DO PADRÓN DE ABOADOS CORRESPONDENTE AO 1º TRIMESTRE DO ANO 2023 DE SUBMINISTRO DE AUGA E SUMIDOIROS 3. APROBACIÓN DO PADRÓN DE ABOADOS CORRESPONDENTE AO 2º TRIMESTRE DO ANO 2023 DE SUBMINISTRO DE AUGA E SUMIDOIROS 4. APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM. 7 DA OBRA DE MELLORA DAS BEIRARRÚAS NA AVDA. ESPAÑA, RÚA PONTE NOVA E OUTRAS. POS+ADIC 2/2021 5. PRÓRROGA DO CONTRATO DENOMINADO "SENDA PEONIL E AMPLIACIÓN DE CALZADA EN CORDOBELAS. POS+2022" 6. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA «SUBSTITUCIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “O BECO”» 7. ASUNTOS VARIOS A partir desta data ten Vde. á súa disposición, na Secretaría desta Corporación, os antecedentes relacionados cos asuntos que figuran na orde do día. En Cedeira, asinado dixitalmente O ALCALDE Pablo Diego Moreda Gil
Link: P de T.
|
|