Concello de Cedeira ::: ANUNCIO
Fecha Martes, 15 agosto a las 16:36:01
Tema PHP-Nuke


Delegación de funcións de Alcaldía no Primeiro Tenente de Alcalde

ANUNCIO

Con data 07.08.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 288/2023 que literalmente di:

“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto: DELEGACION DE FUNCIONS DE ALCALDIA NO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE

Tendo previsto ausentarme do termo municipal o día 10 de agosto de 2023, e de conformidade co disposto no artigo 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e no artigo 47 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

Primeiro.- Delegar as función de Alcaldía no 1º Tenente de Alcalde, D. José Antonio Rodríguez Arribe, a fin de que substitúa na totalidade das citadas funcións o día 10 de agosto de 2023.

Segundo.- Notificar a presente Resolución ó interesado, así como publicala no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia.”

En Cedeira, 8 de agosto de 2023

O Alcalde,

Pablo Diego Moreda Gil

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2845