NOTIFICACIÓN
En virtude do ordenado por ALCALDÍA, poño no seu coñecemento que con data 20-07-2023 foi ditada a seguinte
RESOLUCIÓN con número 370/2023:
“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Asunto: CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO 27.07.2023
De conformidade co disposto no artigo 38 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro polo que se
aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO:
Primeiro.- CONVOCAR sesión ordinaria que realizará O CONCELLO PLENO na Casa Consistorial, o
vindeiro 27 de xullo de 2023 ás 20:00 h en primeira convocatoria, e procederase en segunda de acordo co
estipulado no artigo 90.2 do R.O.F.
Segundo.- Que pola Secretaria se cite a todos os concelleiros para a devandita sesión manifestándolles que
a partir desta data teñen ao seu dispor na Secretaría municipal os antecedentes que figuran na Orde do Día inserido a
continuación deste Decreto.
Terceiro.- Incluír na Orde do Día da devandita sesión o seguinte asunto:
ORDE DO DÍA
1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DE DATA 26.06.2023
2. MODIFICACIÓN DE CÉDITO MODALIDADE SUPLEMENTO DE CRÉDITO FINANCIADO
CON REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS 2022. MC 17 2023 SC 03 2023
3. DAR CONTA DA DESIGNACIÓN DE MEMBROS DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS
4. DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA ADOPTADAS DESDE A ÚLTIMA SESIÓN
ORDINARIA
5. MOCIÓNS DE URXENCIA
6. ROGOS E PREGUNTAS
En Cedeira, asinado dixitalmente na data que figura na marxe polo Sr. Alcalde Pablo Diego Moreda Gil, do que eu,
Ana Velo Ruiz, como Secretaria, dou fe.”
Documento asinado dixitalmente na data e polas persoas indicadas na marxe.
A Secretaria Xeral
Ana Velo Ruiz
Link: Portal de Transparencia