Recoñecemento de adicación exclusivas e parciais a membros da corp
Fecha Viernes, 21 julio a las 21:14:27
Tema PHP-Nuke


Recoñecemento de adicación exclusivas e parciais a membros da corporación

ANUNCIO

Recoñecemento de adicacións exclusivas e parciais a membros da Corporación

En sesión realizada en data 13 de xullo de 2023 o Pleno da Corporación adoptou,entre outros, o seguinte acordo:

“Primeiro.- Recoñecer a dedicación exclusiva a tempo completo aos membros da corporación que ocupará os seguintes cargos:

- Alcalde, D. Pablo Diego Moreda Gil, importe anual bruto en euros 46.732,00 €.

- Concelleiro-Delegado de Obras, Servizos, Praias e Cemiterios, D. Jesús Romero Carracelas, importe anual bruto en euros 33.642,00 €, dedicación ao 100%.

- Concelleiro-Delegado de Educación, Mocidade e Normalización Lingüística, D. Noel López López, importe anual bruto en euros 33.642,00 €, dedicación ao 100%.

Segundo.- Recoñecer a dedicación parcial aos membros da corporación que ocuparán os seguintes cargos:

- Concelleira-Delegada de Servizos Sociais, Lecer, Persoal, Participación Cidadá e Facenda, Dª Carmela Prieto Cal, importe anual bruto en euros 22.442,00 €, dedicación ao 66,70%.

- Concelleira-Delegada de Rural e Parroquias, Dª María José Pernas Díaz, importe anual bruto en euros 22.442,00 €, dedicación ao 66,70%.

Terceiro.- A contía das retribucións fixadas neste acordo será revisada para cada exercicio orzamentario con efectos 1 de xaneiro na porcentaxe prevista na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano correspondente. Respecto das indemnizacións, serán aplicables as normas estatais e, no seu caso, as autonómicas, que leven a cabo a actualización do importe destas.

Cuarto.- Os efectos económicos deste acordo terán carácter retroactivo dende o día do desempeño efectivo do cargo.

Quinto.- Os membros da Corporación con dedicación terán dereito a vacacións retribuídas en proporción a súa dedicación.

Sexto.- Os devanditos importes abonaranse en catorce mensualidades, solicitando a alta ante a Tesourería Territorial da Seguridade Social ou na Mutualidade de Funcionarios correspondente e asumindo o gasto con cargo ao vixente orzamento municipal.

Sétimo.- O presente acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación.”

En Cedeira, 17 de xullo de 2023

O alcalde,

Pablo Diego Moreda Gil

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2835