Percepcións por asistencia a órganos colexiados ::: BOP
Fecha Viernes, 21 julio a las 21:10:37
Tema PHP-Nuke


Percepcións por asistencia a órganos colexiados

ANUNCIO

Percepcións por asistencia a órganos colexiados

En sesión realizada en data 13 de xullo de 2023 o Pleno da Corporación adoptou,entre outros, o seguinte acordo:

“Primeiro.- Nos termos do artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, establecer as seguintes indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da Corporación aos membros que non teñan dedicación exclusiva ou parcial:

a) Por asistencias a sesións da Xunta de Goberno Local: 100,00 €

b) Por asistencias a sesións plenarias e de Comisións Informativas: 100,00 €.

As asistencias aboaranse polo procedemento establecido nas bases de execución do Orzamento Municipal de Cedeira.

Segundo.- Modificar as Bases de Execución do Orzamento para o exercicio 2023, no que se refire as cantidades fixadas por asistencias e indemnizacións.

Terceiro.- O presente acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación.”

En Cedeira, 17 de xullo de 2023

O alcalde,

Pablo Diego Moreda Gil

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2834