Composición da mesa de contratación permanente :: BOP
Fecha Viernes, 21 julio a las 21:08:20
Tema PHP-Nuke


Composición da mesa de contratación permanente

ANUNCIO

En sesión realizada en data 13 de xullo de 2023 o Pleno da Corporación adoptou,entre outros, o seguinte acordo:

“Primeiro.- Constituír a Mesa de Contratación permanente do Concello de Cedeira que actuará como órgano de asistencia do órgano de contratación competente en tódolos contratos que asine esta entidade local e sexan obxecto de adxudicación mediante procedemento aberto, aberto simplificado, restrinxido, de diálogo competitivo, de licitación con negociación, de asociación para a innovación, e nos procedementos negociados nos que non sexa necesario publicar anuncio de licitación, quedando integrada polos seguintes membros:

PRESIDENTE: Carmela Prieto Cal (concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE)

Suplente: Jesús Romero Carracelas (concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE)

VOGAIS:

- José Antonio Rodríguez Arribe (concelleiro do grupo municipal do BNG))

Suplente: Noel López López (concelleiro do grupo municipal do BNG)

- A Secretaria municipal

Suplente: O funcionario que sexa nomeado Secretario accidental

- A Interventora Municipal

Suplente: O funcionario que sexa nomeado Interventor accidental

- O Arquitecto Técnico Municipal

Suplente: O Arquitecto Municipal

SECRETARIO: María Montserrat Pérez Garrote (administrativa do departamento de Administración Xeral)

Suplente: Iris Pita Leonardo (administrativa do departamento de Administración Xeral)

Segundo.- Publicar anuncio referindo este acordo e a composición da Mesa de Contratación permanente na Plataforma de Contratos do Sector Público e no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Notificar este acordo aos designados como membros da Mesa de Contratación permanente.”

En Cedeira, 17 de xullo de 2023

O alcalde,

Pablo Diego Moreda Gil

Link: BOPONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2833