BOP - Concello de Cedeira
Fecha Lunes, 17 julio a las 18:27:32
Tema PHP-Nuke


Resolución de Alcaldía. Constitución da xunta de goberno local e delegación de competencias

ANUNCIO

Con data 10.07.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 345/2023 que literalmente di:

“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto: CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS

D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, 43 e 52 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 65 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Incoar expediente para a constitución da Xunta de Goberno Local deste Concello.

SEGUNDO.- Designar membros da Xunta de Goberno Local aos Sres./Sras.:

D. José Antonio Rodríguez Arribe

D. Ismael Durán Bereijo

Dª María José Pernas Díaz

Dª Lucía Picos Aneiros

TERCEIRO. – A Xunta de Goberno Local terá asignadas as seguintes atribucións:

A) A asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.

B) As atribucións que esta Alcaldía de forma expresa delega, e que a continuación se expresan:

1) Autorización, disposición e ordenación de gastos e a aprobación das facturas e certificacións de obra a partir de 12.000 euros mais IVE, dentro dos límites que competen ao Alcalde.

2) Concesión de licenzas urbanísticas.

3) Concesión de licenzas de actividade e de apertura.

4) Aprobación de padróns fiscais e liquidacións de impostos, taxas e prezos públicos.

5) A concertación de operacións de tesourería cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior.

6) As adxudicacións de concesións sobre bens e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere o porcentaxe nin a contía indicados.

7) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión e estean previstos no Orzamento.

8) A solicitude de subvencións para obras, actividades ou servizos municipais, que competencialmente non estean atribuídas ao Pleno da corporación.

9) A aprobación da convocatoria, a concesión e xustificación de subvencións outorgadas polo concello, e a aprobación de convenios de colaboración.

10) A concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.

11) A concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.

12) A resolución de recursos que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas que se teñen detalladas nos apartados anteriores.

C) As atribucións que lle atribúan as leis.

CUARTO.- Fixar como periodicidade para as sesións ordinarias os venres cada quince días, ás 13:00 horas.

Realizará a súa primeira sesión o venres 21 de xullo de 2023 ás 13:00 horas.

QUINTO.- A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.

SEXTO.- A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 10 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

SÉTIMO.- Da presente resolución darase conta ao pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no boletín oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”

En Cedeira, 11 de xullo de 2023

O alcalde,

Pablo Diego Moreda Gil

2023/5746

Link: BOPONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2826