Segundo nivel: concellos cunha incidencia entre 250 e 500 casos por 100.000 habs.
En
canto ao segundo nivel, correspondente aos concellos cunha incidencia
entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, nos últimos 14 días, o
titular da Xunta subliñou que neles permitiranse as reunións de ata 4
persoas non conviventes; a hostalería poderá reabrir desde o próximo
venres, pero só as terrazas -co 50% do aforo- e ata as 18,00 h.
ç“E a
mobilidade permitirase entre os concellos que teñan esta mesma
incidencia”, recalcou.A maiores, sitúanse neste nivel todos os
concellos que conforman as áreas sanitarias da Coruña, de Ferrol e de
Pontevedra, “nos que a baixada do número de pacientes na UCI aínda non
se produciu coa intensidade suficiente”, recalcou.
No caso destes
concellos a mobilidade quedará limitada a aqueles concellos con
incidencia menor de 500 que formen parte da mesma área sanitaria.“Estamos
a falar en total de 107 concellos nos que só pode haber terrazas, desde
o punto de vista da hostalería, e reunións de ata catro non
conviventes”, dixo, a modo de resumo.
Link: Xunta de Galicia