Comeza hoxe a funcionar "Xantar na casa" con 20 usuarios
Fecha Miércoles, 13 mayo a las 07:57:22
Tema PHP-Nuke


O acordo asinado no seu día entre consistorio de Cedeira e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dará lugar, a partir do día de hoxe, á aplicación do programa "Xantar na Casa" no municipio. Como punto de partida, a administración presidida polo socialista José Luís Vergara fará efectivo o acordo nun total de vinte fogares, aínda que a demanda era moi superior.
Tal e como confirmou a edila de Servizos Sociais, Manuela López Rodríquez (BNG), a sondaxe realizada entre a poboación local para coñecer a demanda real deu como resultado un total de 40 posibles usuarios.

Esta constatación leva aos responsables municipais a comprometerse no sentido de ampliar o servizo de face ao próximo exercicio económico. Cabe lembrar que o Concello e o Consorcio comparten gastos para que os beneficiarios só teñan que facer fronte ao pago dunha módica cantidade. Ésta adoita ser inferior aos dous euros, segundo confirmou a concelleira de Asuntos Sociais.

Perfil

Manuela López explicou que na súa maioría as persoas que, a partir do día de hoxe, benefícianse do programa "Xantar na casa" son persoas maiores de 65 anos, discapacitados ou con problemas de mobilidad. Así mesmo, sinalou que se trata de veciños da zona rural do municipio, que viven sós ou a certa distancia dos seus conveciños ou familiares máis próximos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=281