PODEMOS Cedeira :::: 1º ano perdido
Fecha Martes, 05 julio a las 22:31:47 Tema PHP-Nuke
1º ANO PERDIDO
Cando se ven de cumprir un ano de goberno municipal, o balance que facemos é de ser un ano perdido.Afirmamos isto porque, seguindo a liña marcada polo PP, continúase coas privatizacións e dando un trato “preferente” aos familiares e amigos.
As actuacións que se levan a cabo son improvisadas como resultado das diferentes subvencións que chegan ao concello e incluso algunha publicación afín ao goberno cando se cumprían os 100 días de goberno afirmaba: “A cidadanía precisa dispor dunha folla de ruta…un eixo programático ao que se comprometen as tres forzas”.
Desde Podemos Cedeira solicitamos que se faga público o programa de goberno (si é que existe), que debería marcar as liñas mestras dun goberno serio e que a despois de máis dun ano, ninguén coñece…
Link: PODEMOS Cedeira
|
|