PODEMOS Cedeira :::: Denuncia
Fecha Jueves, 02 junio a las 22:27:55
Tema PHP-Nuke


INDEFENSIÓN CIDADÁ

En Podemos Cedeira entendemos que o concello, como institución máis cercana á cidadanía, debería ser a que garanta os dereitos da  súa veciñanza de xeito máis directo e firme.

Pois ao igual que ocorría co goberno do PP, os responsables do triunvirato, dedícanse a favorecer e “empuxar” determinados asuntos de certos cidadáns e a retrasar e “dificultar” os de outros…

Como se pode comprobar no documento adxunto, a mesma Valedora do Pobo “sufre” a deixadez e pasotismo dos responsables municipais aos que require por segunda vez que lle remita o informe solicitado.

Diante deste tipo de situacións fainos sentir “vergoña allea” e solicitamos algo moi básico, pero difícil de conseguir en política, que dunha vez por todas, se trate a todas as persoas por igual.


© 2016 :: PODEMOS Cedeira


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2798