A BEIRARRÚA DA RIBEIRA
A beirarrúa pola que se pode acceder á Ribeira, foi realizada polo concello coa axuda do Plan E polo anterior goberno do PSOE, agora outra vez no poder.Coma outras obras , poderíamos considerala coma unha “chapuza”, que temos que sufrir a veciñanza da vila e en especial á xente do lugar.
Como se pode ver nas fotografías, hai tramos que non se poden empregar pola gran cantidade de auga sen canalizar que discorre por ela e que en algún tramo incluso atravesa a rúa e anega a propiedade da outra beira causando importantes danos na mesma.
Desde Podemos Cedeira, solicitámoslle encarecidamente aos herdeiros do goberno que realizou a obra,que reparen as graves deficiencias que presenta e supoñen un gran risco para a poboación e as casas próximas.
© 2016 :: PODEMOS Cedeira
Link: PODEMOS Cedeira