PP Cedeira ::: Denuncia
Fecha Sábado, 21 mayo a las 22:11:38
Tema PHP-Nuke


RÚA REAL Nº 20

Esta é a dirección onde no famoso Plan E,levado a cabo no ano 2009 polo goberno socialista, cometeuse unha das maiores inxustizas nesta vila nos últimos anos.Estas obras, que consistiron na separación de augas pluviais e fecais no casco histórico, ocasionaron graves danos en varias vivendas.

Estas obras xestionadas polo goberno do PSOE local, converteron esta casa en inhabitable, polo feito de que a casa é atravesada por un chorro de auga permanente.Isto provocou que os propietarios da casa tiveran que denunciar ao concello, xa que incluso foron multados polo mesmo por verter auga á rúa, tendo que facer un gran desenvolvemento económico e obrigando aos donos da casa a vivir de alugueiro.

Os gobernantes actuais, seguindo a liña dos anteriores, teñen a “desfachatez” de solicitarlle por escrito aos propietarios que expoñan cales son os problemas da vivenda, cando no concello xa dispoñen de toda a documentación do expediente.

Desde Podemos Cedeira, solicitamos aos responsables municipais que tomen as medidas oportunas para solucionar “de xeito urxente” o problema e que aínda que o sufrimento persoal é irreparable, que a vivenda poida volver a ter esta consideración.

Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2795