Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 21 mayo a las 22:08:32
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO DE CEDEIRA INTRODUCE MELLORAS NA PÁXINA WEB, POLO QUE DEIXARÁ DE FUNCIONAR DOUS DÍAS

CEDEIRA, 20 de maio de 2016.-

Co obxectivo de mellorar o servizo que se presta aos veciños o Concello inicia a actualización da súa páxina web (www.cedeira.gal) para dotala de novos contidos e facela máis dinámica e participativa. Estes traballos necesitarán que a páxina deixe de funcionar alomenos durante dous días da vindeira semana, pero os responsables municipais queren advertir xa aos veciños para evitar equívocos ou especulacións.

O Concello  lembra ademais a aqueles hostaleiros que aínda non o fixeron que poden achegar os datos do seus negocios para promocionalos a través da páxina web. O goberno entende que é una boa maneira de dar a coñecer a oferta do municipio en restauración e hostalería e pide aos empresarios que participen nunha iniciativa “beneficiosa para todos”.


Link: Concello de Cedeira ::: PINGOTA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2794