PODEMOS Cedeira :::: PLENOS
Fecha Sábado, 21 mayo a las 22:04:18
Tema PHP-Nuke


GRAVACIÓN DOS PLENOS MUNICIPAIS

Os plenos municipais poderán ser vistos e escoitados ( ao seguinte día da súa celebración) en podemoscedeira.blogspot.com , xa que os gravaremos ao abeiro  da sentenza do Tribunal Supremo do 27/08/15.

O actual grupo de goberno formado polo triunvirato, informou que os plenos se realizarían de xeito bimensual os derradeiros mércores de mes ás 20.00 e que esperaban que asistisen un gran número de veciñ@s...

Pois nada máis lonxe da realidade: houbo plenos todos os meses (60 euros por concelleir@), diferentes días (sábados,xoves…) e  a todas horas (algún ás 13.30 ou ás 15.30) e moitos deles sen ningún tipo de publicidade (a parte do “rancio” papel no taboleiro do concello).

Desde Podemos Cedeira, con esta decisión, pretendemos facer a política máis permeable e accesible á cidadanía, dadas as dificultades que ten a xente do común de coñecer a política municipal pola falta de transparencia municipal.



Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2792