Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Domingo, 10 abril a las 20:53:15
Tema PHP-Nuke


BOA SINTONÍA ENTRE O CONCELLO DE CEDEIRA E OS VECIÑOS DE ESTEIRO PARA EVITAR A CONSTRUCIÓN DA PLANTA DE GAS NO LUGAR DE BARRAL


CEDEIRA, 8 de abril de 2016.-

O Concello de Cedeira atopou nos veciños de Esteiro -afectados pola posible construción dunha planta de almacenamento de gas licuado- os mellores aliados para evitar a execución dun proxecto ao que a administración local xa presentou alegacións, principalmente pola zona elixida.

Durante algo máis dunha hora, veciños, técnicos municipais e membros do goberno cedeirés -entre os que se atopaban o alcalde, Pablo Moreda, e a concelleira delegada de Urbanismo, María Xosé Rodríguez- compartiron informacións e unha postura unánime de rexeitamento a unha actuación que incumpre a lexislación urbanística e carece de autorizacións sectoriais, entre outra documentación.

Pablo Moreda saiu moi satisfeito da reunión por considerar que existe boa sintonía entre os afectados e os gobernantes para reconducir a construción da planta e buscarlle unha mellor ubicación, evitando a realización da obra inicialmente pensada para o lugar de Barral.

O Concello segue mantendo que o polígono da Trabe podería ser unha alternativa viable. A partir de agora serán os propios veciños os que leven a iniciativa con respecto a este asunto e, como punto de partida, xa asumiron hoxe o compromiso de celebrar reunións para informar á poboación en xeral e para comezar a valorar outras posibles iniciativas, entre as que non se descartan mobilizacións e unha campaña de recollidas de firmas.

O Concello, pola súa banda, apoiará as accións veciñais por entender que son eles, os cedeireses, os principales prexudicados pola realización unha obra moi alonxada dos intereses xerais dunha localidade que aposta polo progreso pero non está disposta a renunciar a súa calidade de vida polos interese de algunhas empresas, dixo o alcalde.

Pola súa parte, o presidente de la AVV Esteiro, Manuel Cancio, considerou un avance o feito de contar coa axuda do goberno para evitar a construción da planta no lugar de Barral, do que destacou que é unha zona privilexiada e a peor que se poida pensar para a realización dunha obra como esta.


© 2016 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2790