Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Jueves, 07 abril a las 17:13:48
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO INVISTE MÁIS DE 3.OOO EUROS NUNHAS MARQUESIÑAS E DETECTA UN VERTEDOIRO INCONTROLADO NO MONTE DE BRAÑÓN, EN SAN ROMÁN


CEDEIRA, 6 de abril de 2016.

O goberno de Cedeira vén de poñer en servizo dúas novas marquesiñas do servizo de transporte público, unha no lugar de Vilarnovo e outra no de Sisalde. O equipo municipal responde deste xeito ás demandas veciñais de ambas as dúas zonas, onde levaban un tempo queixándose da ausencia dun lugar no que protexerse no caso de choiva, sobre todo pensando nos nenos que collen o bus escolar.

O Concello asumiu de forma individual a realización dunhas obras nas que se investiron 3.200 euros e que, a dicir dos beneficiarios, responden ás súas esixencias.

Tamén será a administración municipal a que, a través da empresa de recollida de lixo, se faga cargo da limpeza do vertedoiro incontrolado que, nunha inspección rutinaria, foi localizado no monte de Brañón, na parroquia de San Román. As tarefas faranse de maneira inmediata e, dende o equipo de goberno, lémbrase aos veciños e veciñas que dispoñen dun punto limpo gratuíto e operativo case todos os días da semana.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, considera que ten que haber por parte de todos unha actitude de respecto ao medio ambiente para evitar imaxes como as que alertaron da existencia do vertedoiro nun lugar de tránsito.


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2789