Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Jueves, 07 abril a las 17:11:33
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO SALIENTA A RESPOSTA DA XENTE ANTE O PROBLEMA DOS REFUXIADOS SIRIOS E A CONTRAPÓN Á ACTITUDE DA UNIÓN EUROPEA

CEDEIRA, 6 de abril de 2016.-

O Concello de Cedeira vén de rematar a recollida de axuda para os refuxiados sirios, na que se volcou toda a localidade, segundo destacaron desde o goberno local.  Tanta foi a colaboración que aínda están traballando no empaquetado das donacións e nos Servizos Sociais municipais apílanse montóns de caixas á espera do seu traslado a Ferrol. Será a semana que vén cando se faiga entrega de todo o material recollido no cuartel Sánchez Aguilera, onde o Concello ferrolán -co que colabora a de Cedeira- ten o “centro de operacións” para canalizar a axuda.

Desde Cedeira, as caixas trasladaranse utilizando o camión municipal, que terá que facer varias viaxes, e desde Ferrol formalizarase a entrega aos refuxiados. O goberno mostrouse gratamente sorprendido pola resposta veciñal á petición de axuda e contrapuxo a actitude da xente coa de institucións como a Unión Europea “que lle da as costas ao problema”.

A poboación, recalcan, “organízase pola súa conta e actúa”. Os alimentos non perecedeiros, produtos de hixiene e roupa recollidos tentarán paliar a situación destas persoas “que tan mal o están pasando” grazas á “humanidade” dos veciños e veciñas, insiste o equipo de goberno, que recorda que as dúas semanas que se estableceran nun principio para a recollida de axuda tiveron que limitarse a unha porque se vían desbordados.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2788