PODEMOS Cedeira :::: Denuncia
Fecha Jueves, 07 abril a las 00:15:25
Tema PHP-Nuke





GABINETE DE PRENSA MUNICIPAL


Os representantes municipais veñen de contratar á empresa Pingota Comunicación para que leve a cabo o gabinete de prensa municipal durante o ano 2016 por un importe de 14.399 euros.

A noticia, que podería parecer unha inocentada, é totalmente real xa que foi aprobada  recentemente pola xunta de “desgoberno municipal”como figura no documento adxunto.
Parece ser que os representantes do triuvirato aínda non se enteraron de que  gobernar é sinónimo de “priorizar” e o asesoramento do goberno municipal en temas de comunicación,  non é precisamente unha prioridade para a veciñanza.

Desde Podemos Cedeira entendemos que  este feito supón un auténtico despilfarro e que  é unha mostra más da “política do postureo” levada a cabo polos  elitistas inquilinos do concello


© 2016 - PODEMOS Cedeira


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2786