Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 02 abril a las 19:39:12
Tema PHP-Nuke


A RESPOSTA DOS CEDEIRESES Á PETICIÓN DE AXUDA PARA OS REFUXIADOS LEVA AO CONCELLO A LIMITAR A CAMPAÑA ATA O MARTES 5 DE ABRIL

CEDEIRA, 1 de abril de 2016.-

A excelente resposta dos cedeireses ao chamamento do Concello para realizar donacións de material para os refuxiados sirios leva á institución municipal a limitar a campaña, que en principio íase prolongar durante toda a semana que vén, só ata o martes 5 de abril. A solidariedade dos veciños desbordou totalmente as previsións municipais, e por iso -o mesmo que sucedeu en Ferrol, Concello co que colabora o de Cedeira para canalizar esta recollida- anúnciase que unicamente se recollerán produtos de hixiene -que segue a ser o máis demandado- e, en todo caso, alimentos non perecedeiros. Poderanse depositar na sé dos Servizos Sociais, no edificio do auditorio, exclusivamente ata o martes en horario de mañá. Non se precisa máis roupa, polo que se fai saber aos veciños que non deben entregala.

O Concello expresa o seu agradecemento aos cedeireses pola axuda prestada aos refuxiados.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2785