Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Viernes, 01 abril a las 22:07:14
Tema PHP-Nuke


GALEATRO LEVA A CEDEIRA UN ESPECTÁCULO TEATRAL INTERACTIVO PARA IDENTIFICAR CONDUTAS MACHISTAS

CEDEIRA, 31 de marzo de 2016.

 O Auditorio de Cedeira acollerá este sábado as 20.00 horas a representación da obra de teatro “Identifica-t”, a cargo da compañía Galeatro, un espectáculo que tenta aportar un gran de area na loita contra o machismo que todavía pervive en pleno século XXI. A erradicación de condutas deste tipo é o que persegue Galeatro valéndose dunha iniciativa interactiva na que será o público o que terá que identificar os comportamentos que promoven a violencia machista.

O formato de “Identifica-t” é o dun concurso de televisión de carácter didáctico, ao longo do que van aparecendo condutas machistas en diferentes contextos como a música, a publicidade, as redes sociais ou as relacións persoais. A obra está dirixida a un público adulto e xuvenil e o custo da entrada é de 2,5 euros.

“Identifica-t” forma parte da programación de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2784