PODEMOS Cedeira :::: Denuncia
Fecha Miércoles, 30 marzo a las 23:48:46
Tema PHP-Nuke


PRAZAS DE APARCAMENTO PARA DISCAPACITADOS


O actual goberno do tripartito,ven de suprimir  unha das dúas prazas de aparcamento para discapacitados do casco histórico, o que supón o 50% das mesmas.

A este feito,xa grave de por si, únese o de que a praza que actualmente está en vigor,atópase nunha curva con escasa visibilidade e non ten sinalización vertical.

Imaxinamos que o farían porque dúas prazas para discapacitados, pareceríanlles moitas, ou porque necesitaban reservar máis prazas para “personalidades”destacadas da vila…

En calquera caso desde Podemos Cedeira,solicitamos que se repoña a praza suprimida e, a que aínda está en vigor,que sexa trasladada a outro máis cómodo  de aparcar e se sinalice de xeito correcto.

Con respecto á Lei 10/2014, da Xunta de Galicia, de accesibilidade,na sección 1, artigo 8, referente aos aparcamentos para minusválidos,dí:

"Deberá existir 1 praza por cada 40 prazas ou fracción...Asimesmo instalaranse sinais verticais co texto: "Praza reservada para persoas con movilidade reducida".

Por todo o anteriormente exposto,no casco histórico,entre as rúas Ezequiel López,Rúa do Mariñeiro e Arriba da Ponte,debería existir polo menos 4 prazas de aparcamento para minusválidos.


© 2016 - PODEMOS Cedeira


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2781