Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Miércoles, 30 marzo a las 22:42:44
Tema PHP-Nuke


O ÉXITO DOS OBRADOIROS DE MINERAIS LEVA AO CONCELLO A ORGANIZAR NOVAS INICIATIVAS XEOLÓXICAS DE CARA AO VERÁN

CEDEIRA, 28 de marzo de 2016.-

Os obradoiros de minerais impartidos a fin de semana en  Cedeira  polo xeólogo Francisco Canosa foron todo un éxito de participación, máis alá das expectativas de asistencia. No caso dos destinados a maiores superáronse as 20 prazas fixadas e, no dos nenos, foron 18 os participantes.

Os máis pequenos achegáronse ao mundo dos minerais dun xeito didáctico, mentres que os adultos coñeceron as propiedades dos minerais, as diferenzas entre naturais e sintéticos e a resposta ante o efecto luz, a denominada termoluminiscencia.

Ante o interese polos obradoiros, o Concello ten intención de apostar por novas iniciativas. Así, ten case pechadas tres rutas guiadas de cara ao verán que contarán coa colaboración deste mesmo xeólogo.

Trátase de itinerarios con tres escalas de dificultade (baixa, media e alta). A máis accesible é a xeoruta do cromo, que sairá do cruce de Teixedelo e rematará na garita de Herbeira.

A media é a xeoruta dos cantís, que comezará en Chao do Monte ata Tarroiba. E, finalmente, xa para expertos, está a xeoruta Praia Negra, que percorre os cantís desde o cruce de Teixedelo. O Concello organizará as rutas a partir do mes de xullo.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2780