"Asinar, cobrar e marchar"
Fecha Martes, 12 mayo a las 18:33:27
Tema PHP-Nuke


Os eurodeputados non queren que se saiba do seu absentismo

Polémica polas presións a unha web, temporalmente pechada, que peneira a actividade dos deputados no Parlamento Europeo.


En abril de 2008 chegaba a debate no Parlamento Europeo o asunto da crise alimentaria mundial e a súa relación co aumento dos prezos e as políticas relacionadas cos biocombustíbeis. Paradoxalmente, nun momento de máxima actualidade do problema da fame no mundo, transcendía a imaxe dunha Eurocámara practicamente baleira nesa xornada.

Exemplos como ese do absentismo dos eurodeputados son dos que bota man o espazo web Parlorama.eu, que axitou recentemente a actualidade da vida na Cámara debido á clasificación que realizou en función da actividade dos parlamentarios. A comparativa non caeu a gusto dos afectados, especialmente dos peor clasificados, en plena carreira electoral cara a cita coas urnas o próximo 6 de xuño. O responsábel da iniciativa, Flavien Deltort, defende en conversa con EUdebate que a idea vai en favor da "transparencia" e recorda que "canto máis transparente é a política, máis se interesan nela os cidadáns". "Os políticos non desexan que os electores os avalíen, e hai moita información sobre o seu traballo que non está dispoñíbel ao público", advirte.

Co espazo Parlorama.eu aínda pechado, convidámolos a seguir noutra web, Votewatch.eu, a actividade dos eurodeputados galegos, ou definidos como galegos polos seus partidos, tal e como é o caso da filla do ex presidente Manuel Fraga: Carmen Fraga (PP); Daniel Varela (PP) (deixou recentemente o Europarlamento para ocupar escano no Hórreo); Francisco Millán Mon; Antolín Sánchez Presedo; Rosa Miguélez.

Lnk: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=278