Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Domingo, 27 marzo a las 20:27:25
Tema PHP-Nuke


O ÉXITO DO I PEIXE ROCK PROMETE CONSOLIDALO COMO CITA ANUAL

CEDEIRA, 26 de marzo de 2016.-

O éxito da primeira edición do festival Peixe Rock en Cedeira non deixa lugar a dúbidas: o ano que vén, máis. Fran Zaera, responsable da Asociación de Comerciantes da Vila Vella -que organizou as actuacións xunto co Concello- está máis que satisfeito dos resultados, da cantidade de xente que participou e mesmo do tempo, xa que por máis que as previsións daban que pensar respetou a celebración e só caeron “dous chaparróns”.

Os tres grupos cos que se estreou o Peixe Rock -que, como indica o seu nome, desenvolveuse nunha carpa situada na praza do Peixe- encheron de música Cedeira desde as 22.30 horas ata as tres da mañá, porque o público quería máis e porque, como apunta Zaera, “había moi bo ambiente”. Kozmic Blues, Faraway Place e The Way Coole García Show, todos eles grupos emerxentes no panorama musical de Ferrolterra, fixeron de Cedeira na noite de Venres Santo o templo do rock.

E os hostaleiros da vila tamén teñen que estar satisfeitos dos resultados da iniciativa para os seus negocios.

O Peixe Rock promete, deste xeito, converterse nunha cita obrigada para as vacacións de Semana Santa e para contribuír á dinamización do casco vello cedeirés.


© 2016 - Concello de Cedeira


© 2016 - Concello de Cedeira



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2778