Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 26 marzo a las 16:40:36 Tema PHP-Nuke
OS OBRADOIROS GRATUITOS SOBRE MINERAIS CELEBRARÁNSE ESTA FIN DE SEMANA NA SALA ÁNCORA
CEDEIRA, 24 de marzo de 2016.-
O Concello de Cedeira adica esta fin de semana a divulgar o recursos minerais existentes no municipio e, en xeral, en toda a contorna do Ortegal. O xeólogo Francisco Canosa será a persoa encargada de impartir dous obradoiros, un pensado para nenos con idades comprendidas entre os oito e os doce anos, que será o sábado, e outro dirixido a adultos. Este último terá lugar o domingo e, ata agora, a convocatoria espertou o interese de quince persoas, polo que só quedan cinco prazas libres (cada convocatoria ten 20).
Desde o goberno municipal invítase aos veciños a inscribirse nas oficinas do Concello para non quedar sen participar. Os obradoiros son gratuítos e, tal e como explicou o experto, a experiencia porá a nenos e adultos en contacto coa riqueza xeológica de “primeira categoría” que existe na zona do Ortegal. O obradoiro infantil impartirase o sábado en horario de tarde, entre as cinco e as nove.
En canto ao programa pensado para os maiores, que terá lugar o domingo en horario de mañá, irá un pouco máis alá, xa que se buscará explicar aquelas características que fan do Ortegal un dos destinos máis atractivos para xeólogos de medio mundo.
A sala Áncora, situada na praza Roxa, acollerá a celebración da actividade.
Link: Concello de Cedeira
|
|