Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Miércoles, 23 marzo a las 22:25:37
Tema PHP-Nuke


O I PEIXE ROCK FARÁ DA VILA DE CEDEIRA A CAPITAL DO ROCK NA NOITE DE VENRES SANTO

CEDEIRA, 22 de marzo de 2016.

A asociación de comerciantes da Vila Vella e o Concello farán de Cedeira a capital do rock na comarca coincidindo coa festividade de Venres Santo. Para esa noite está prevista a celebración do I Peixe Rock que, como o seu propio nome indica, desenvolverase na praza do Peixe para aproveitar a mellora que se fixo neste espazo, como indica un dos seus promotores, Fran Zaera .

O festival estrearase coa participación de tres grupos da zona: Kozmic Blues, Faraway Place e The Way Cool García Show, que cos seus respectivos repertorios -todos co rock como nexo de unión, desde o de aires soul ata o máis duro- encherán de música o espazo que rodea á praza do Peixe ata as dúas da mañá. Kozmic Blues, premiados no Lidera Ferrol 2015, teñen xa un álbum, “Premonition”, que agora levarán a Cedeira, mentres que Faraway Place obtivo un premio en Vigo recentemente. The Way Cool García Show completa o trío de novos músicos de Ferrolterraque darán moito que falar.

Aínda que nesta primeira edición optouse por contar con bandas do contorno, non se descarta ir máis aló, sempre co obxectivo de proporcionar un espazo aos grupos noveis. Fran Zaera indica que a idea nace con vocación de continuidade nos próximos anos e que tenta –como o restodas actividades que organiza a entidade- atraer xente ao casco vello e mover tanto o comercio como, neste caso, a hostalería da zona.

Pensouse na xornada de Venres Santo porque, dentro destas datas vacacionais, é a que pode reunir a máis público. O orzamento desta primeira edición ronda os 2.000 euros.

Axenda:

Sala Áncora. Xoves 24 de marzo. Curso teórico de pesca deportiva en mar.
Palacete Municipal. Exposición itinerante do IX Premio Internacional de Are Gráfico Jesús Núñez.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2776