Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 19 marzo a las 19:48:09
Tema PHP-Nuke


O GOBERNO DE CEDEIRA TRATA DE AVANZAR NA EXECUCIÓN DA VARIANTE DAS PONTIGAS E NUNHA POSIBLE ALTERNATIVA PARA A VIA AC-566

CEDEIRA, 18 de marzo de 2016.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, desenvolveu esta mañá unha apretada axenda con reunións na Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. A primeira hora, Pablo Moreda mantivo un encontro de traballo co responsable de Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño, co fin de avanzar na tramitación da variante das Pontigas. Trátase da vía de comunicación que enlaza a vila cedeiresa co santuario de San Andrés de Teixido. As reducidas dimensións da estrada e o frecuente paso de autocares pola mesma fan moi necesaria esta intervención, presupostada en 800.000 euros.

A titularidade provincial da vía garantiza que a Deputación asuma o coste íntegro da execución do proxecto, mentres que o Concello terá que levar a cabo ou ben un plan especial ou unha modificación puntual del Plan Xeral de Ordenación Municipal, un asunto que o goberno municipal decidirá en próximas fechas.  O goberno municipal estima que, en calquera dos casos, a tramitación poderá levarse a cabo nun prazo de entre nove e doce meses.

O alcalde valorou a reunión mantida con José Manuel Pequeño, por canto representa o inicio dos trámites dun proxecto moi necesario para mellorar a seguridade da vía e moi especialmente dos veciños do núcleo rural das Pontigas. Pouco despois Pablo Moreda Gil reuniuse co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias, para seguir avanzando na realización do proxecto de mellora que dende hai anos se propón para a AC-566, estrada que enlaza a urbe de Ferrol coa vila de Cedeira.

O Concello é consciente de que nos tempos actuais resulta casi imposible que a Xunta asuma a realización dun proxecto valorado en 80 millóns de euros. Como alternativa, o goberno municipal reclama a reforma dun tramo, o denominado de Lavandeira, no que existen unhas 18 curvas nun traxecto de 2,5 kilómetros.

A solución agora proposta polo goberno cedeirés pasa pola execución dun novo trazado, moi próximo ao actual, pero en liña recta. O alcalde valorou a boa predisposición atopada no responsable da Xunta, quen entendeu tanto a necesidade de acometer unha mellora na citada vía como as reivindicacións que dende hai tempo expresan representantes dos sectores produtivos e económicos da vila ao respecto

 Pablo Moreda fixo ver ao director xeral de Infraestruturas da Xunta que o municipio permanece na prehistoria, no que a comunicacións se refire, mentres o tren de alta velocidade xa chega a outras zonas de Galicia.

Axenda Cultural

O grupo Sabela Teatro presenta mañá no auditorio municipal, ás 20.00 horas, a obra “A cova do dragón” (Público familiar). Trátase dunha peza na que, baixo unha estrutura clásica, nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos, a princesa Celia, o seu amigo Telmo, príncipe interino, e un dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2775