Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Domingo, 13 marzo a las 21:50:53 Tema PHP-Nuke
O CONCELLO PON A SÚA WEB A DISPOSICIÓN DE COMERCIANTES E HOSTALEIROS
Cedeira.- 11 de marzo de 2016.-
O Concello de Cedeira abre a súa web a comerciantes e hostaleiros da vila para que poidan promocionar os seus negocios a través desta vía. Así, desde o goberno remitiuse xa a todos os establecementos un escrito para que faciliten as súas direccións, teléfonos, actividade, páxina web -se a teñen- e ata fotografías.
Toda esta información recollerase na web institucional, www.cedeira.gal, para que os visitantes e os propios cedeireses saiban onde acudir para mercar, comer ou pasar a noite. A iniciativa ten por obxecto dar un novo pulo ao turismo e ao comercio de Cedeira e, ao mesmo tempo, facilita aos negocios do municipio unha interesante ferramenta publicitaria.
Exposición
Por outra banda, hoxe abriu no Palacete Municipal unha exposición cos traballos seleccionados pola Deputación entre os que se presentaron ao IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, convocado pola institución provincial. A mostra, que é de carácter itinerante, poderase visitar ata o vindeiro 27 de marzo. O certame rende homenaxe ao creador da Fundación do Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, que desenvolve un importante labor no eido do gravado.
Link: Concello de Cedeira
|
|