Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Jueves, 10 marzo a las 16:11:16
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO RENOVARÁ OS CONTEDORES SOTERRADOS DA PRAZA ROXA E DARALLE UN NOVO ACCESO PARA SERVIZOS E EMERXENCIAS

TAMÉN SE FARÁN OBRAS DE SEGURIDADE NA ZONA DE XOGOS DA PRAZA DO SAGRADO CORAZÓN

Cedeira.- 9 de marzo de 2016.-

O Concello de Cedeira anunciou a licitación de dúas obras por un importe total que supera os 18.000 euros. Trátase da eliminación de contedores soterrados e novo acceso rodado á praza Roxa -cun presuposto de 12.510,94 euros (IVE incluído)- e do acondicionamento da zona de xogos infantís na praza do Sagrado Corazón -5.619,23 euros (IVE incluído)-.

No caso da supresión dos contedores, demoleranse os actuais pola súa deterioración, echendo os depósitos existentes con area para, de seguido, colocar unha soleira de formigón armado que servirá de acceso á praza. Para completar este paso será preciso tamén eliminar unha das zonas axardinadas.

Deste xeito os servizos de saneamento, electricidade, auga, bombeiros, ambulancias, etc. terán acceso e poderase entrar na praza con vehículos para calquera actuación por motivos de seguridade. Os coches privados non poderán usalo sin autorización.

Por outra banda, o proxecto da praza do Sagrado Corazón contempla a supresión do desnivel que agora existe no perímetro que rodea a zona de xogos infantís. Trátase dun bordo de adoquín que está 11 centímetros por riba do resto do chan e que ten uns 58 metros de lonxitude. A actuación consistirá na demolición de todo este bordo e na colocación dun novo pavimento para que coincida coa rasante do espazo de xogos. A intervención é importante para garantir a seguridade dos nenos.


© 2016 - Concello de Cedeira


© 2016 - Concello de Cedeira


© 2016 - Concello de Cedeira



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2766