Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Miércoles, 09 marzo a las 15:04:31
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO DE CEDEIRA PRESENTA Á FEGAMP A RELACIÓN DE DANOS POLOS TEMPORAIS, ESTIMADA EN MÁIS DE 74.000 EUROS

Cedeira.- 8 de marzo de 2016.

O Concello de Cedeira vén de remitir á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a valoración dos danos provocados polos últimos temporais, que se estiman en 74.284,19 euros, ao obxecto de poder acollerse ás axudas que arbitrarán as administracións para facerlles fronte.

No caso de Cedeira, a partida máis importante é a empregada na estabilización do ribazo de Pardiñeira, onde chegou a cortarse a pista municipal. O presuposto das obras, segundo o proxecto elaborado, foi de 66.621,87 euros.

Tamén supuxo un custo destacado a reparación das roturas da ponte sobre o río Condomiñas no lugar de Malde -onde foi necesario recolocar a pedra- e no de Régoa. O desbordamento do río provocou inundacións nun almacén municipal e no polígono da Xunqueira.

Ademais, na valoración de danos inclúense caídas dun poste eléctrico na pista de Esteiro a Arón e de parte do cable nesta última zona; dunha sinal na rotonda da praza de Galicia; doutro indicador e unbha árbore na rúa Ortigueira e de ribazos en Nebril, A Bouza e a pista do cemiterio ao castelo da Concepción.

Á marxe das obras do ribazo de Pardiñeira, os materiais empregados nestas outras reparacións valóranse en 3.450 euros, aos que hai que engadir  outros 4.212 de man de obra e gasto en vehículos.

A Federación Galega de Municipios e Provincias dirixiuse aos Concellos afectados polos temporais despois dunha reunión na que tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, o vicepresidente da Xunta, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda e os voceiros da propia Fegamp para tratar de axudarlles a paliar os danos causados.

Unha vez que teñan á súa disposición todos os datos económicos producirase unha nova xuntanza para establecer unha liña de axudas e fixar os criterios para poder acceder a elas.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2763