Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Miércoles, 09 marzo a las 15:02:42
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO BUSCARÁ UNHA SEGUNDA OPINIÓN ANTES DE AUTORIZAR ALGUNHAS INTERVENCIÓNS DE COSTAS NA PRAIA DA MADALENA


CEDEIRA, 9 de marzo de 2016.

O Concello de Cedeira buscará unha opinión autorizada antes de dar a súa conformidade ás actuacións plantexadas pola Demarcación de Costas para repoñer a area que o mar arrastrou durante o inverno no areal da Magdalena.

O uso da area da praia ou das dunas para renovar os áridos levados polo mar é unha solución que o gobierno local non contempla, polo menos, non sen antes coñecer as súas posibles consecuencias medioambientais.

Unha decisión que levará aos responsables municipais a reunirse nos próximos días cun profesional da Bioloxía para estudar sobre o terreo o posible impacto da intervención. O rexigor municipal, Pablo Moreda Gil, considera que é a maneira más lóxica de actuar para evitar efectos negativos nunha importante zona de costa como é o arenal da Madalena.

O que si que levará a cabo Costas, e de maneira casi inmediata, son unhas serie de melloras no entorno da praia, unhas actuacións que o alcalde trasladou ao responsable do organismo, Rafael Eimil, durante a visita que este realizó hoxe á zona.

Así, a Demarcación de Costas canalizará e construirá un muro de contención no regato denominado de San Isidro, un cauce de auga dulce que se introduce no mar despois de cruzar o arenal. Este accidente natural en breve tamén poderá cruzarse mediante a realización dunha senda peatonal, agora tamén prevista polo organismo estatal.

A limpeza dos accesos e a reposición do muro que rodea o areal son outras das intervencións que o responsable da Demarcación se comprometeu a levar a cabo de forma casi inmediata, aplazando para máis adiante o asunto da reposición da area, á espera da decisión que adopte o Concello.

Costas tamén entende que é necesario acometer algúns traballos de contención no talud construído o ano pasado para evitar os efectos dos temporais do inverno na fachada marítima, á altura da praia.


©2016 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2762