PODEMOS Cedeira :::: Denuncia
Fecha Domingo, 06 marzo a las 16:59:36
Tema PHP-Nuke


O PLENO POR PLASMA

Xa o anunciabamos,que o vindeiro pleno sería por “plasma”.Dito e feito,o pleno do pasado venres fíxose sen que os propios afiliados dos partidos que forman o triunvirato tiveran coñecemento do mesmo.Imaxinamos que o fixeron porque sería difícil de explicarlles a subrogación do contrato de recollida de residuos xa que cando estaban na oposición falaban de remunicipalización dos servizos básicos.

Os grupos que forman o goberno municipal estanse a converter en mestres do “escapismo”,xa que o pasado mes de outubro,no que se fixo patente a dimisión dun concelleiro,celebrouse de xeito clandestino un sábado ás 13.30 h. coas ausencias do interventor e un concelleiro.No mes de decembro,fíxose outro pleno o xoves 18 ás 15.30 h.,feito que foi cualificado por algún membro do goberno como “absurdo”e no que non se presentou o novo concelleiro que debería tomar posesión do seu cargo.

Desde Podemos Cedeira consideramos un dereito fundamental en democracia ter a posibilidade de asistir aos plenos,por non falar dos máis de 700 euros que se reparten os concelleiros por asistir aos mesmos…

Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2761