Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 05 marzo a las 17:06:22
Tema PHP-Nuke


A DEPUTACIÓN DA CORUÑA COMPROMÉTESE A FACER NUN MES OS SEIS TRAMOS DE BEIRARRÚAS QUE AÍNDA FALTAN NA AVENIDA ZUMALACÁRREGUI


CEDEIRA, 4 de marzo de 2016.-

O Concello mellora a seguridade vial da avenida Zumalacárregui coa construción dos seis tramos de acera pendentes de facer dende a urbanización da rúa. O alcalde, Pablo Moreda Gil, entregou esta semana a memoria do proxecto á Deputación da Coruña por tratarse dunha vía de competencia provincial.

Esta titularidade é tamén a razón pola que a institución coruñesa se fará cargo do financiamento dunha obra presupostada en 13.473,93 euros. O prazo de execución dos traballos é dun mes, catro semanas. O rexedor confía en que a licitación e contratación das aceras se leve a cabo no menor espazo de tempo posible para rematar cunha situación de precariedade que xa se prolongou moito no tempo.

Moreda Gil apuntou tamén que se trata dun proxecto moi demandado polos veciños e veciñas da zona e do municipio en xeral. Os seis tramos que serán obxecto da reforma teñen o firme en aglomerado, polo que a memoria contempla a súa demolición. As futuras aceras serán de baldosa hidraúlica antiesvaróns de cor gris.


Ambulancia medicalizada

O alcalde de Cedeira entende que a demanda plantexada por cinco concellos do Ortegal dunha ambulancia medicalizada para normalizar o traslado dos enfermos sen necesidade de transbordo na mitade da viaxe “é unha reivindicación xusta e haina que conseguir, sexa como sexa”. Moreda Gil destacou que, se ben non se poden poñer obxeccións ao traballo que realiza o servizo do 061, non debe verse como algo normal que un doente teña que cambiar, a mitade do camiño, de medio de transporte para chegar ao hospital no que terá que ser atendido.

A día de hoxe, os enfermos de Cedeira, Cerdido, Cariño, Mañón  e Ortigueira vense na obriga de pasar -á altura de Valdoviño ou da zona denominada Campo do Hospital- dunha ambulancia asistencial -das que hai oito na área de Ferrol- a outra medicalizada, da que só hai unha e opera nun espazo moi limitado.

Polo momento, os alcaldes, que se reuniron o pasado xoves, pedirán unha entrevista co xerente da área sanitaria de Ferrol, Ángel Facio. Moreda tampouco descarta mobilizacións, por entender que cuestións como estas fan dos habitantes do Ortegal “os grandes esquecidos de Galicia”.


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2760