Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 05 marzo a las 17:04:05
Tema PHP-Nuke


APROBADAS AS BASES PARA AS SUBVENCIÓNS DE LIBRE CONCORRENCIA PARA ENTIDADES SOCIOCULTURAIS

Cedeira, 4 de marzo de 2016.-

O Concello enviou onte para a súa publicación no BOP a convocatoria de subvencións de libre concorrencia para asociacións socioculturais, que reservan 20.000 euros para actividades e outros 6.000 para investimentos. A responsable de Cultura, María Xosé Rodríguez, destacou que é a primeira vez que se opta por este sistema para conceder as axudas económicas ás entidades, unha práctica que esperan estender nos vindeiros anos á totalidade das subvencións que se convocan no consistorio.

A elaboración das bases contou coa participación das entidades que poderán beneficiarse das axudas e traballouse conxuntamente co obxectivo, dixo a concelleira, de que todo o mundo poida acceder en igualdade de condicións á obtención destes cartos.

No municipio hai arredor dunha quincena de asociacións de tipo sociocultural, segundo a última actualización que fixo o goberno. No caso das subvencións para actuacións o presuposto máximo fíxase nas bases en 1.500 euros, mentres que as de investimentos teñen un tope de 500 euros. O prazo de presentación abrirase durante 30 días naturais unha vez publicado o anuncio no Boletín Oficial da Provincia.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2759