Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Martes, 01 marzo a las 17:17:56
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO ESPERA A MÁXIMA PARTICIPACIÓN NO V INDEIRO FEIRÓN E ANUNCIA QUE O COBRO POLOS POSTOS PASARÁ A SER A TRAVÉS DO BANCO


Cedeira, 29 de febreiro de 2016.-

O feirón mensual de Cedeira celebrarase o vindeiro 13 de marzo  por primeira vez desde que, consultada a veciñanza, se tomou a decisión de mantelo na beira do río en lugar de alternar o seu emprazamento entre o casco vello e o novo, como viña ocorrendo nos últimos tempos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, fixo un chamamento á participación neste encontro, que enche a vila de xente durante toda a mañá cada segundo domingo de mes. Pero ademais quixo pedir tamén precaución aos participantes precisamente polos problemas de seguridade viaria que derivan da celebración do feirón.

Así, apuntou que se manterá aberto o acceso aos vehículos, aos que recomenda que circulen con coidado, ao igual que aos peóns. “Aínda que nunca pasou  nada, somos conscientes de que hai un perigo”, dixo. Polo que respecta aos feirantes, o Concello contactará con eles para cambiar o sistema de cobramento polos postos, que pasará de ser persoal a bancario.

Os vendedores terán que pagar pola súa participación trimestral ou semestralmente a través dun ingreso no banco, pero serán avisados con antelación suficiente antes da posta en marcha desta medida.

O feirón é un encontro tradicional na vila de Cedeira desde hai décadas. Camilo Casal destaca que a participación sempre  foi maior no mes en que correspondía a súa celebración na zona vella, polo que está convencido de que a decisión de mantelo aquí será a acertada.

Esta tomouse despois dunha enquisa entre os veciños que tivo lugar o 31 de xaneiro.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2754