PODEMOS Cedeira :::: DA REMUNICIPALIZACIÓN Á SUBROGACIÓN
Fecha Domingo, 28 febrero a las 19:10:07
Tema PHP-Nuke


DA REMUNICIPALIZACIÓN Á SUBROGACIÓN

O pleno municipal aprobou por unanimidade a subrogación do contrato da recollida de residuos sólidos que tiña Celta Prix (en concurso de acredores)a Servigal, empregando a “trampa legal” de cambiar de nome para non pagar as débedas. Dáse a “casualidade” de que a citada empresa foi o principal patrocinador económico dos premios do pasado Entroido.

A realidade é que a citada empresa, incumpre reiteradamente o prego de condicións do contrato e moitos dos puntos de recollida presentan desde hai moito tempo un estado lamentable como se pode ver nas fotografías.

Foi un acordo unánime, tomado no último pleno que durou 10 minutos e polo que os concelleiros cobraron (como é habitual), unha “mordida” de 60 euros por cabeza e feito de costas á veciñanza, sen ningún tipo de publicidade.

Para máis “inri”, no pleno do mes de xaneiro, o autodenominado “goberno de progreso”, aprobou unha moción sobre a remunicipalización dos servizos públicos. Alguén o pode entender???

Link: Podemos Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2753