Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Sábado, 27 febrero a las 18:56:59
Tema PHP-Nuke


CEDEIRA RECUPERA O SÉTIMO ARTE COA PARTICIPACIÓN DO CONCELLO NO PROGRAMA AUTÓNÓMICO CINEMAS DE GALICIA

CEDEIRA, 26 de febreiro de 2016.-

O sétimo arte volve a Cedeira coa participación, por primeira vez, do Concello no programa Cinemas de Galicia, rede municipal de exhibición cinematográfica xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura. O acordo firmouse esta mañá en Santiago de Compostela. O alcalde cedeirés, Pablo Moreda Gil, e a edila responsable de Cultura e Urbanismo, María José Rodríguez, estiveron presentes no acto, xunto a representantes doutros Concellos que se incorporaban tamén ao proxecto.

O auditorio municipal acollerá todas as proxeccións, que serán en distintos horarios,  para público adulto e tamén infantil. O calendario estará comprendido entre os días 1 de marzo e 30 de xuño e do 15 de septembro ao 15 de decembro.

O catálogo inclúe filmes galegos en fase comercial e películas europeas, incluído cine español, avaladas por premios e outros recoñecementos. As localidades sairán á venda ao prezo de 3 euros, unha cantidade moi reducida polo compromiso económico firmado hoxe entre o Concello e a Xunta para financiar o 50% dos dereitos de exhibición dos filmes.

A achega autonómica ascende a 4.200 euros. Ademais deste convenio económico, o goberno cedeirés comprometeuse a priorizar o pase de películas en galego, a promocionar o programa para darlle a máxima difusión posible e a manter boa relación coa rede de exhición cinematográfica a fin de optimizar o compromiso agora pechado.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2751