Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Viernes, 26 febrero a las 11:24:51
Tema PHP-Nuke


O CONCELLO ORGANIZA CHARLAS SOBRE NUTRICIÓN PARA FOMENTAR HÁBITOS SAUDABLES NA POBOACIÓN

CEDEIRA, 25 de febreiro de 2016.-

A alimentación é determinante a hora de previr certos problemas de saúde. Así o entende o Concello de Cedeira que, a través das concellerías de Servizos Sociais e Educación, organiza unhas charlas informativas abertas á poboación en xeral e que terán lugar ao longo do vindeiro mes de marzo. A administración local conta coa colaboración da nutricionista Cristina Ortiz para levar a cabo a actividade.

O programa arrincará o día 1 de marzo coa cita que terá lugar na sede da AVV de Esteiro, entre as 16.30 e as 18.30 horas. Este emprazamento tamén se utilizará nas charlas convocadas para os días 8 e 15 do mesmo mes.

A cafetería do auditorio acollerá, pola súa banda, a actividade dirixida aos veciños vinculados á AVV de Piñeiro, un calendario que dará comenzo o día 4 e que se repetirá as xornadas do 11 e 18 de marzo. Neste caso, a convocatoria está comprendida entre as sete e as nove da noite. No colexio Nicolás del Río as charlas están previstas para os días 5,12 e 19. Todas elas serán en horario de tarde, a partir das sete.

O concelleiro delegado de Servizos Sociais, Camilo Casal, asegurou que a intención do Concello é mellorar os hábitos saudables da poboación para previr doenzas pola inxesta de produtos pouco recomendables.


Link: Concello de cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2749