Concello de Cedeira ::: Nota de prensa
Fecha Jueves, 25 febrero a las 17:08:42
Tema PHP-Nuke


A VOLTA PRECISA MÁIS DE 4.000 METROS CADRADOS NO CONTORNO DA GARITA DE HERBEIRA COMO ESPAZO LOXÍSTICO PARA A META DO DÍA 23 DE AGOSTO

CEDEIRA.-24 de febrero de 2016.

La Vuelta Ciclista a España, que este ano pasará pola comarca de Ortegal no mes de agosto, xa está moi presente no día a día de concellos como Cedeira e Cariño. Os seus alcaldes, Pablo Moreda e José Miguel Alonso Pumar respectivamente, compartiron hoxe unha xornada de traballo cos responsables de loxística de Unipublic (empresa organizadora).

O obxectivo foi analizar os espazos máis indicados para a localización da meta e as zonas acotadas para a instalacións das unidades dos equipos ciclistas e de televisión, entre outras necesidades que conleva unha proba destas características.

En total serán arrededor de 4.000 metros cadrados situados no entorno da garita de Herbeira, espazo incluído na Rede Natura, o que requerirá algúns permisos especiais por parte da Xunta de Galicia, tal e como explicaron os acaldes.

As intervencións, que se realizarán na zona do actual aparcadoiro, serán en todo caso respectuosas co medio, non incluirán pavimentacións e, se se precisa, só se botará unha capa de  zahorra. A meta situarase a cen metros do emprazamento da garita. Moreda expresou a súa convicción de que non haberá obstáculos para a concesión destas autorizacións, toda vez que neste entorno está tamén situado un parque eólico.

Pablo Moreda destacou a boa colaboración existente entre as administracións locais implicadas neste proxecto deportivo e adiantou que, no caso de Cedeira, a vila acollerá un espazo para a prensa no pavillón polideportivo. Espera tamén que moitos dos máis coñecidos ciclistas se deixen ver pola vila.



Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2747