PODEMOS Cedeira :::: Denuncia
Fecha Miércoles, 06 enero a las 22:59:41
Tema PHP-Nuke




OS CONTRATOS DO CONCELLO


Nos pasados meses solicitamos a través do rexistro municipal copia dos  contratos que ten asinado o concello coas diferentes empresas:

Empresas que xestionan os parques eólicos (7/10/15),Contrato de cesión do albergue “Los pinos” á O.J.E (8/10/15),Contrato con Aquagest(actualmente Viaqua) (12/11/15).

Fixémolo porque entendemos que este tipo de información,e moita máis de carácter xeral,debería ser de coñecemento público,pero ao igual que facían os anteriores gobernantes,obtivemos “a calada” por resposta,nunha mostra máis da opacidade e prepotencia dos “irresponsables municipais”.

Pola contra,e grazas á cooperación veciñal,conseguimos unha copia do contrato con Celta Prix,empresa encargada da recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos e que se pode consultar en podemoscedeira.blogspot.com

Desde Podemos Cedeira consideramos “lamentable” que,a pesar de que na web do concello exista un apartado de Portal da Transparencia (porque é obrigatorio), figure practicamente baleiro.

Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2745