Alcaldía de Cedeira - AS RELACIÓNS ENTRE INSTITUCIÓNS
Fecha Viernes, 08 mayo a las 12:11:50
Tema PHP-Nuke


"Onte cursei unha invitación para que nos visite oficialmente ao Delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña. Fíxeno antes cos delegados provinciais das consellerías da Xunta presidida por Emilio Pérez Touriño e, polo tanto, o mesmo hai que facer neste momento político.
Non quero prexuzgar absolutamente nada respecto do tratamento que a Xunta gobernada polo P.P. lle dará a Cedeira. Sei o que se prometeu e non seremos nós quenes introduzamos a desconfianza nas relacións cos novos gobernantes. Polo tanto retomaremos os proxectos que xa estaban iniciados e que tan necesarios son para Cedeira: O centro de día, a ampliación da gardería municipal, elementos ambos presentes no convenio suscrito coa anterior administración, a estrada a Ferrol AC-566, a ampliación do centro de saúde, o edificio de usos múltiples que imporpora unha gran biblioteca los aledaños do instituto, e outros proxectos que non deberan verse truncados pola actual gobernación de Galicia.
Por nós non vai quedar. Trataremos co respecto que se merecen ás novas autoridades do País e igualmente esperamos que os militantes do P.P. local non torpedeen ningunha das iniciativas que tan avanzadas se atopan: proxectos constructivos realizados, cesión de terreos, etc. Agradeceríamos todo tipo de axuda que se poda ofrecer en cuio caso seremos quen de recoñecelo, como non pode ser doutra maneira por quenes consideramos que a política é unha actividade chamada a engrandecer ao ser humano."

José Luis Vergara  - Alcalde de Cedeira
Mércores, 6 de maio de 2009


Link: Alcaldía de Cedeira - Blog






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=274