PODEMOS Cedeira ::::: Denuncia
Fecha Miércoles, 02 diciembre a las 21:46:53
Tema PHP-Nuke






OUTRA OBRA QUE SE PERDE


O pasado mes de outubro o autodenominado “goberno galeguista e de progreso”,adxudicou a obra de “Sustitución de determinadas luminarias existentes de alto consumo por outras LED” a unha empresa con domicilio fiscal en Madrid,por un importe de 31.575,36 euros. Según as palabras do propio alcalde,”seguindo os mesmos trámites que realizaba o PP
cando gobernaba”.

Na citada obra (xa realizada) pódense apreciar graves deficiencias técnicas coma: as luminarias non chegan á potencia esixida (> 9000 lúmenes);pedíanse de clase II (con dobre illamento) e as instaladas son de clase I;os anclaxes deberían ser e aceiro inoxidable con parafuso M12 e resina epoxi e os instalados non son os esixidos,de feito algún xa está
oxidado!!!. A todo isto habería que engadir que,o servizo de mantemento,seguramente sería de mellor calidade se o traballo o realizase unha empresa da vila.

Todo o exposto demostra que de galeguista e de progreso(polo menos para os intereses xerais do pobo),este goberno ten pouco, co agravante de que as obras de 50.000 euros (sen IVE),poden ser adxudicadas de xeito legal e transparente a empresas con domicilio fiscal en Cedeira.

Como conclusión podemos afirmar que,aínda que cambien os gobernantes, os seus intereses son os mesmos...cousas da vida que diría Castelao.


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2733