PODEMOS Cedeira ::::: Denuncia :: Pleno clandestino
Fecha Miércoles, 25 noviembre a las 21:57:19
Tema PHP-Nuke





O PLENO CLANDESTINO


O pasado sábado celebrouse un pleno “clandestino” no que se fixo efectiva a dimisión dun dos concelleiros do grupo de goberno. Dámoslle ese cualificativo porque foi un pleno ao que non asistiron varios concelleiros, non había practicamente público e hasta faltou o propio interventor, e no que non se puido facer ningún tipo de preguntas, como é habitual.

Xustificouse o cambio de data (normalmente fanse os últimos mércores de mes) pola “falta de tempo” para realizar o sorteo para as mesas electorais das vindeiras eleccións xerais, a pesar de que o propio alcalde recoñecía que noutros concellos celebraranse plenos o vindeiro mércores 25 como de costume… está claro que o tempo é algo “relativo”.

Desde Podemos Cedeira entendemos que cando se produce un troco de data nun pleno debe facerse público, como mínimo, na páxina web do Concello (cousa que non se fixo) para que a xente que o desexe poida asistir, aínda que se traten temas que non sexan do agrado do grupo de goberno… pero en calquera caso, ” VIVA A DEMOCRACIA!!!



© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDFG): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2729