PODEMOS Cedeira ::::: Denuncia ::: Maiores
Fecha Miércoles, 18 noviembre a las 22:07:20
Tema PHP-Nuke




O LOCAL DOS MAIORES

A polémica está servida no que respecta ao local dos maiores pola incompetencia dos nosos políticos e que está a levar á confrontación e crispación dos nosos maiores que en ningún caso merecen.

Por unha banda os representantes do PP cando estaban no poder actuaron de xeito “caciquil” asinando un contrato por catro anos sen ningún tipo de concurso público e como nos teñen acostumados,“a dedo”.Por outra banda,o actual alcalde cando estaba en campaña,a cambio dun “puñado de votos”,míntelles aos maiores dicindo que si goberna non o vai pechar.

Propoñemos que se faga unha consulta popular sobre este tema,ao igual que se vai facer sobre a ubicación do feirón,como lle solicitamos desde Podemos Cedeira (tanto por escrito como personalmente ao alcalde) e que
finalmente aceptou, feito que valoramos positivamente.


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2725