PODEMOS Cedeira ::::: Denuncia
Fecha Viernes, 13 noviembre a las 22:25:52
Tema PHP-Nuke





SERVIZOS PÚBLICOS PECHADOS

Desde Podemos Cedeira o pasado verán solicitamos a instalación duns servizos públicos e gratuítos na Praza Roxa e contestóusenos por parte dos responsables municipais que non eran unha “prioridade” do goberno.

Non contentos con iso, os xa existentes no paseo marítimo, actualmente atópanse pechados!!!

Para colmo, os que agora están no “poder”, no 2014 escribían o seguinte cando se daba a mesma situación e estaban na oposición:

“Como se os paseantes e os nen@s que xogan por alí non tiveran necesidades fisiolóxicas. E se as teñen, pois como os cans, ou sexa, de campo. Pero, coidado, que iso podería conlevar fortes sancións económicas. Máis humildade e menos prepotencia é o que cómpre.”

”…falta de interés por parte dos responsables municipais xa que non estamos na “tempada turística”.

Esta é unha mostra máis de que “tanto monta, monta tanto” e que o problema debe ser tan complexo que “nin uns,nin outros” o poden solucionar…

Cousas da vida, que diría Castelao.


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2722