Concello de Cedeira ::: Saúde ::: Convenio ALCER
Fecha Jueves, 05 noviembre a las 23:48:50
Tema PHP-Nuke


Asunto: Convenio colaboración con ALCER

O Concello de Cedeira vai suscribir de inmediato un convenio de colaboración con ALCER (Asociación para a loita contra as enfermidades de ril), que terá unha vixencia dun ano, prorrogable.

Finalidade: Realización dun programa tanto físico como psicosocial para persoas con enfermidades CRÓNICAS (calquera delas, non só de Ril).

Duración: As actividades serán 3 días á semana : luns, martes e xoves, de 10:00 a 11:30 horas. O martes será na piscina municipal, os outros dous días, no Pavillón ou ao aire libre.

Actividade completamente GRATUITA

.- Grupo de ata 20 persoas
.- Apuntarse en Servizos Sociais
.- Admisión por orde de inscrición
.- Supervisión por un/ha licenciad@ en Educación Física (INEF) que será contratado por ALCER.

Os/as interesados presentarán un currículo nas dependencias municipais. Terán preferencia os empadroados e residentes en Cedeira.

Data previsible de funcionamento: a principios de 2016, como moi tarde. Previamente haberá unha charla a cargo de persoal cualificado

O Goberno Municipal
Outubro de 2015

Link: Concello de Cedeira :: Goberno Municipal






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2721